Campionatos de España 2019

Entre os días 9 e 12 de maio, celebráronse os Campionatos de España 2019, no Pavillón Municipal de Augas Vivas de Guadalaxara, o que acudiron as equipas da Selección Galega e/o Equipo Autonómico de Kickboxing, que representou a Comunidade Autónoma de Galicia, nas especialidades de Tatami Sport e Ring Sport, de tódalas categorías de idade, e de ambos sexos.

Unha vez mais Galicia, situouse en case tódolos podios. Os resultados obtidos pola expedición galega foron de un total de 113 metais, dos cales 35 OUROS, 31 PRATAS e 47 BRONCES.

En virtude dos resultados acadados polas/os deportistas da expedición galega no Campionato de España 2019 de seleccións autonómicas, a Federación Galega de Kickboxing acadou o 3º lugar no ranking nacional por autonomías, en ambas especialidades.

Parabéns a tod@s !!!

Sede Social

C/ Rúa Nicolás Tenorio, 32 – bajo

32550 – Viana Do Bolo (Ourense).

Teléfono

988 225 302

Correo Electrónico

secretaria@kickboxing.gal

X